A importancia da matogueira atlántica, un ecosistema fundamental que aloxa unha gran biodiversidade.
Ao longo do vídeo falamos da relevancia deste ecosistema tanto deste o punto de vista da variedade florística, con representantes como a anxélica mariña que constúe un endemismo das costas noroccidentales, como tamén faunística como a chasca común que busca acubillo nestes espazos. Tamén poñemos en valor a importancia das relacións das plantas con outros seres vivos adicando boa parte da metraxe a explicar as asociacións do toxo arnal coas formigas e con microorganismos que xogan un papel salientable nestes ambientes.
Autoría: Adán Gonçalves García e Belén Lorenzo Arenal
Música de fondo libre de dereitos (CC) extraída de:
https://maxkomusic.com/albums/no-copyright-music/
Tema: “Nature” Autor: Maxim Kokarev
Agradecementos: A Noemí Díaz Vázquez e Xacobo de Toro Cacharrón pola axuda loxística e por aportar e revisar guións. A Ricardo Ferreiro, Rocío Montes, Fernando Pereiras, Manuel Pimentel e Antón Vázquez pola axuda, suxestións e opinións.
Vídeo sobre botánica creado no marco dunha licenza retribuída pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2021/2022. CC BY-NC-SA 3.0 ES