Xeoclip Botánica 360. Flora litoral 1.Cantil. Quen vive aquí?

Vídeo de introdución ao ecosistema de cantil da contorna da Torre de Hércules.

Adaptacións das plantas para vivir na zona de cantil con exemplos característicos como a coñecida herba de namorar, o pirixel de mar ou a herba das andoriñas. E habitantes da fauna habitual destes ambientes como o rabirrubio ou a lagartixa galega.

Autoría: Adán Gonçalves García e Belén Lorenzo Arenal

Música de fondo libre de dereitos (CCO) extraída de:

https://maxkomusic.com/albums/no-copyright-music/

Tema: “Nature” Autor: Maxim Kokarev

Agradecementos: A Noemí Díaz Vázquez e Xacobo de Toro Cacharrón pola axuda loxística e por aportar e revisar guións. A Serxio Iglesias pola revisión idiomática e a Rocío Montes e Fernando Pereiras pola axuda, suxestións e opinións.

Vídeo sobre botánica creado no marco dunha licenza retribuída pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2021/2022. CC BY-NC-SA 4.0 ES

Deixa un comentario