Vídeo que serve de introdución a nosa viaxe pola contorna do espazo natural de Razo-Baldaio en Carballo (A Coruña) en plena Costa da Morte.
Ollaremos tres ambientes ben diferenciados desde a zona da lagoa ata a beira do mar: a pradeira salobre, as dunas e a praia. Observaremos, nestas localizacións, a riqueza florística e faunística que agocha este lugar e seremos testemuñas das increíbles adaptacións que permiten a estas plantas e animais sobrevivir nun ambiente tan extremo.
Autoría: Adán Gonçalves García e Belén Lorenzo Arenal
Música de fondo libre de dereitos (CC) extraída de:
https://maxkomusic.com/albums/no-copyright-music/
Tema: “Nature”
Autor: Maxim Kokarev
Efectos sonoros: Calidris alba extraído
https://xeno-canto.org/685001 CC BY-NC-SA 4.0 ES
Autor: Jacobo Ramil Millarengo
Xenocanto
Voo de dron sobre Baldaio: Xacobo de Toro Cacharrón
Agradecementos: A Noemí Díaz Vázquez e Xacobo de Toro Cacharrón pola axuda loxística e por aportar e revisar guións. A Carolina Pérez Capelo e Serxio Iglesias pola revisión idiomática e a Xabi Varela, Rocío Montes e Fernando Pereiras pola axuda, suxestións e opinións.
Agardamos que lles sexan de utilidade e sensibilicen neste futuro de incerteza ambiental Vídeo sobre botánica creado no marco dunha licenza retribuída pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2021/2022. CC BY-NC-SA 4.0 ES
#Xeoclip #XeoclipBotánica #costadamorte #Baldaio #carballo #youtubeiras #ecoloxía #ecology #ecologia #botany #botánica #biodiversity #biodiversidade #biodiversidad